Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación primaria
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación primaria Código O05G120V01202
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Raposo Rivas, Manuela
Correo-e mraposo@uvigo.es
Profesorado
Raposo Rivas, Manuela
Sánchez Martínez, María Cristina
Web
Descrición xeral Esta materia cumpre un papel fundamental derivado do seu carácter instrumental e formativo:
- Ten un carácter instrumental porque traballa as competencias necesarias para o manexo das tecnoloxías como ferramentas para a busca, o tratamento, a organización e a representación da información. Neste senso, serve de apoio a outras materias do plano de estudos.
- Ten un carácter formativo porque ofrece unha nova visión de como ensinar e como aprender na escola dentro da sociedade da información e o coñecemento.
Nesta materia terás a oportunidade de coñecer, analizar e valorar cal é o novo papel do profes@r, d@s alumn@s e dos elementos que configuran o acto didáctico, cal é a nova maneira de ensinar e aprender coa tecnoloxía.
Así coñecerás, novos recursos didácticos con base tecnolóxica, como deseñar e elaborar materiais didácticos empregando a tecnoloxía, que estratexias de traballo empregar coas novas tecnoloxías na escola,...
Por último, como mestr@ será necesario que sexas capaz de axudar aos teus alumn@s a desenvolverse nesta nova contorna tecnolóxica pero cunha visión crítica e reflexiva, que lle permita descubrir nas
tecnoloxías unha ferramenta non só para o tempo de lecer, senón tamén para a súa formación como cidadáns libres e responsables.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000