Como materia de formación básica, a denominada Educación. Teoría e Historia de a Educación ten como finalidade introducir ó futuro graduado/a no universo educativo a través da análise da educación como práctica cultural presente en todas as sociedades e estreitamente relacionada con cuestións sociais, económicas e políticas. Persegue que o futuro/a graduado/a coñeza e valore desde unha perspectiva crítica o concepto de educación e os seus procesos, axentes, institucións, xunto coa súa evolución histórica e co proceso de configuración do sistema educativo. Busca igualmente unha comprensión histórica, contextual e crítica do fenómeno educativo, que oriente finalmente a súa praxe
profesional desde unha perspectiva reflexiva e crítica. Tamén se analizan os aspectos básicos do desenvolvemento histórico da educación en España e en Galicia, prestando especial atención á Educación Primaria e ó proceso de configuración do seu profesorado, da súa formación e da súa lexitimación socioprofesional.