Os alumnos deberán de asistir a clase con regularidade (nese sentido 5 faltas sen xustificar acarrea a PERDA do dereito a avaliación continua) e realizar as tarefas que se propoñan en clase. A avaliación continua consistirá na resolución de tarefas colaborativas, 30 % ; algunha proba tipo test , 30% ; un proxecto dixital que se proporá a principios de curso, que se baseará nas tarefas elaboradas en clases como fonte principal, o cal suporá o 40% da nota final. Aqueles alumnos que NON superen a avaliación continua, terán de presentarse (1º convocatoria de maio) ao exame final (80%) e elaborar un proxecto dixital (20%). En segunda convocatoria de xuño/xullo, a avaliación consistirá nun exame final (80 %) e a elaboración dun proxecto dixital (20%).As partes da materia superadas na 1º oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. Aqueles alumnos que non superen a materiadurante o curso, terán que presentarse ao exame final aprobado segundo ocalendario oficial pola Xunta de Facultade. Segundo a normativa vixente, conindependencia da asistencia ou non ás clases, o alumnado desfrutará decondicións equivalentes de avaliación. As datas do exame poden ser consultadasna web da Facultade no espazo 'Datas exames'. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade deEducación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ásnecesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito aoprograma PIUNE (PAT). |