Código |
Descrición |
A1 |
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da educación infantil |
B2 |
Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva |
B4 |
Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles |
B5 |
Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia |
B6 |
Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión |
B7 |
Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia. |
B11 |
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela no estudantado. |
B12 |
Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos |
C44 |
Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita. |
C46 |
Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua. |
C48 |
Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües. |
C49 |
Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal. |
C52 |
Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D2 |
Capacidade de organización e planificación |
D4 |
Coñecemento de lingua estranxeira |
D5 |
Coñecemento de informática |
D6 |
Capacidade de xestión da información |
D7 |
Resolución de problemas |
D8 |
Toma de decisións |
D9 |
Traballo en equipo |
D10 |
Traballo nun contexto internacional |
D11 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
D12 |
Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade |
D13 |
Razoamento crítico |
D14 |
Compromiso ético |
D15 |
Aprendizaxe autónoma |
D16 |
Adaptación a novas situacións |
D17 |
Creatividade |
D18 |
Liderado |
D19 |
Coñecemento doutras culturas e costumes |
D20 |
Iniciativa e espírito emprendedor |
D21 |
Motivación pola calidade |