Para cursar esta materia non é necesario ter superado a materia "Matemáticas para mestres: educación infantil".
A Didáctica das Matemáticas resulta imprescindible para poder completar a formación que todo profesional competente en Educación Infantil necesita.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). |