Exame de preguntas obxectivas:
Descrición: probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen
preguntas directas sobre un aspecto concreto. O alumnado debe responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que
teñen sobre a materia.
Cualificación asistentes: 40%.
Cualificación non asistentes e fin de carreira: proba de preguntas curtas: 30% e proba de preguntas de desenvolvemento: 30%.
Competencias avaliadas: CE33, CE34, CT15.
Traballo tutelado:
Descrición: deseño de secuencias didácticas con materiais tendo en conta as
competencias do curriculum na Educación Infantil. En cada clase da materia realizarase unha tarefa, que será entregada en tempo e forma a través de Moovi para a súa avaliación. Cada tarefa terá un peso do 5% na nota final en caso de asistencia a clase.
Cualificación non asistentes e fin de carreira: 40%.
Competencias avaliadas: todas as da materia.
As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.
As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade no espazo "datas exames".