Código |
Descrición |
A1 |
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da educación infantil |
B2 |
Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva |
B3 |
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas do estudantado, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos |
B4 |
Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles |
B5 |
Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia |
B7 |
Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia. |
B11 |
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela no estudantado. |
B12 |
Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos |
C13 |
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuales e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e intergeneracionales; multiculturalidad e interculturalidad; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostenible. |
C24 |
Dominar as técnicas de observación e rexistro. |
C29 |
Valorar a importancia do traballo en equipo |
C34 |
Coñecer estratexias didácticas para desenvolver representacións numéricas e nocións espaciais, xeométricas e de desenvolvemento lóxico. |
C36 |
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación. |
C37 |
Adquirir coñecementos sobre a evolución do pensamento, os costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. |
C39 |
Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable. |
C40 |
Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados |
C41 |
Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación. |
C44 |
Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D2 |
Capacidade de organización e planificación |
D3 |
Comunicación oral e escrita |
D5 |
Coñecemento de informática |
D6 |
Capacidade de xestión da información |
D7 |
Resolución de problemas |
D8 |
Toma de decisións |
D9 |
Traballo en equipo |
D12 |
Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade |
D13 |
Razoamento crítico |
D14 |
Compromiso ético |
D15 |
Aprendizaxe autónoma |
D16 |
Adaptación a novas situacións |
D17 |
Creatividade |
D19 |
Coñecemento doutras culturas e costumes |
D21 |
Motivación pola calidade |
D22 |
Sensibilidade por temas ambientais |