Trátase de que o alumnado adquira os coñecementos, habilidades e destrezas necesarios para ter unha visión xeográfica dos procesos naturais e humanos. Trátase tamén de que o alumnado desenvolva as súas capacidades de análises e de sínteses e o razoamento espacial, útiles para a súa formación profesional.