O Taller de Creatividade Artística é unha materia teórico-práctica orientada á formación artística e didáctica de futuros docentes de educación infantil. Parte dunha concepción da creatividade como capacidade humana fundamental, aprendible e educable, e sitúa a etapa 0-6 como un momento clave para o seu desenvolvemento. O alumnado traballa desde un enfoque crítico e reflexivo: explora as tensións entre creatividade e educación formal, analiza procesos creativos de artistas contemporáneos, estuda o debuxo e a expresión plástica infantil, e achégase a metodoloxías artísticas de ensino aplicables á aula de infantil. A través de prácticas individuais e proxectos colaborativos de creación, e dun portafolio dixital de elaboración progresiva, o alumnado integra coñecemento teórico e práctica creativa coa finalidade de deseñar propostas educativas que promovan a creatividade e a expresión artística na primeira infancia.
Materia do programa Português amigável. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia na(s) lingua(s) estranxeira(s), b) atender as titorías na(s) lingua(s) estranxeira(s), c) probas e avaliacións en lingua estranxeira.