É obrigatoria a asistencia polo menos ao 80% das clases, tanto teóricas como prácticas, e a realización e entrega de todas as actividades puntuables que formen parte do sistema de avaliación. A falta de cumprimento desta porcentaxe de asistencia e/ou da realización ou entrega dalgunha destas actividades conleva unha avaliación distinta, baseada exclusivamente na realización do exame de preguntas de desenvolvemento, que neste caso suporá, por tanto, un 100% da cualificación final. No caso de non poder asistir ás clases (por traballo, enfermidade, incompatibilidade de horarios por solapamento con outras materias...), contactar co/coa docente o antes posible. Para a superación do traballo tutelado e do exame de preguntas de desenvolvemento deberase obter polo menos a metade da cualificación máxima establecida. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, por tanto, como aprobadas nese curso académico. A realización dalgunhas actividades poderá plantexarse mediante a aplicación de técnicas de Aprendizaxe cooperativa e avaliadas en parte tendo en conta as competencias demostradas para o traballo en equipo, de acordo con ditas metodoloxías. AVISO: a detección de plaxio nalgunha das tarefas ou traballos propostos suporá a perda do dereito á avaliación continua. As datas dos exames poderanse consultar na web da Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social. 2ª CONVOCATORIA O alumnado deberá repetir exclusivamente os traballos e/ou probas de avaliación que non fosen superadas na 1ª convocatoria. OBSERVACIÓNS En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |