Para o alumnado non asistente ou que non alcance o 85% da asistencia ás horas B da materia, o exame terá un valor do 60% e a presentación de traballos suporá o 40% (20% proba "traballo tutelado" e 20% proba "aprendizaxe colaborativo"). Ademais, estas persoas non asistentes ou que non asistan ao mínimo de sesións obrigatorias establecidas realizarán unha proba de tipo práctico que permita comprobar a adquisición das competencias correspondentes (proba: "presentación"). Serán cualificadas como aptas ou non aptas nesta proba. Tanto na modalidade de avaliación continua como na modalidade de avaliación global, para superar a materia é requisito superar cada unha das probas establecidas en devandita modalidade (a cualificación mínima esixida é de 5 sobre 10 nas diferentes probas de avaliación). Unicamente a proba "aprendizaxe colaborativo" non terá cualificación mínima esixida. A cualificación final da materia (obtida a partir de todas as probas establecidas anteriormente, independentemente da esixencia ou non de cualificación mínima) será a seguinte: - 0-4,9: suspenso (SS)
- 5,0-6,9: aprobado (AP)
- 7,0-8,9: notable (NT)
- 9,0-10: sobresaliente (SB)
As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, por tanto, como aprobadas nese curso académico. Naqueles casos extraordinarios nos que un alumno/a supere todas as probas que requiren unha cualificación mínima esixida, pero non alcance o 5 na cualificación final da materia, poderá realizar na 2ª oportunidade algunha proba xa superada na 1ª co obxectivo de poder superar a materia. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo "datas exames". En coherencia coa carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptarase para o estudantado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Se abrirá un cartafol específico na plataforma Moovi, na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para estudantes do curso ponte ou profesionais en exercicio. As probas de avaliación tamén poderán adaptarse no caso de alumnado ERASMUS (estudantes entrantes) coa intención de dar resposta ás necesidades derivadas destes casos, especialmente no tocante á comprensión do idioma. |