O alumnado que siga a avaliación continua deberá entregar todos os traballos, exercicios e probas a avaliar nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria (mínimo esixido: 80% das sesións teórica e práctica respectivamente).
As entregas serán programadas. Estudantes de avaliación global: No caso do alumnado que non poida seguir a avaliación de xeito continuo ,deberá superar unha proba escrita sobre os contidos teóricos presentados nas clases maxistrales e o resto dos traballos prácticos. O alumnado de avaliación global deberá poñerse en contacto co profesor da materia nas tres primeiras semanas de clase para coñecer en detalle os traballos e exercicios que se van entregar.
SEGUNDA CONVOCATORIA No caso do alumnado que, a pesar de asistir habitualmente a clase e realizar entregas parciais, non supere a materia, deberá presentar en segunda convocatoria aqueles traballos ou exercicios nos que non acadasen a nota mínima de 5.
Alumnado de avaliación global: No caso do alumnado que non poida seguir a avaliación continua, terá que superar unha proba escrita sobre os contidos teóricos presentados nas clases maxistrais e o resto dos traballos prácticos. O alumnado non presencial deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nas tres primeiras semanas de clase para coñecer polo miúdo os traballos e exercicios a entregar.
Titorías presenciais ou en liña (no campus remoto) previa cita. As datas dos exames pódense consultar na páxina web da facultade na sección de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exámenes/
Contacto: Javier Blanco, despacho 1.2.8. Telf: 988387202
Correo electrónico: jsierra@uvigo.gal
|