Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
Sería aconsellable unha iniciación mínima no idioma francés e coñecementos previos a nivel de bacharelato ou nivel A1 segundo o marco común europeo para o estudo das linguas. |