Educational guide 2026_27
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe das ciencias da natureza
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Aprendizaxe das ciencias da natureza Código O05G110V01403
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Amorín de Abreu, Tamara
Correo-e tamaraamorin2@gmail.com
Profesorado
Amorín de Abreu, Tamara
Web http://https://www.uvigo.gal/es/universidad/administracion-personal/pdi/tamara-amorin-abreu
Descrición xeral A materia Aprendizaxe das Ciencias da Natureza, de carácter obrigatorio e cunha carga lectiva de 6 créditos ECTS, impártese no segundo curso do Grao en Educación Infantil ao longo dun cuadrimestre. A súa natureza teórico-práctica pretende favorecer a adquisición e o desenvolvemento das competencias didácticas e científicas necesarias para o exercicio profesional docente nesta etapa educativa.

Esta materia ten como finalidade achegar ao alumnado aos fundamentos da didáctica das ciencias experimentais, promovendo unha reflexión crítica sobre as directrices curriculares vixentes para a Educación Infantil. Neste sentido, analízanse os diferentes compoñentes do currículo, as propostas metodolóxicas e os criterios e procedementos de avaliación relacionados coa Área 3: Descubrimento e exploración da contorna próxima, recollida no Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se regula a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

A formación das futuras docentes require unha base sólida en cultura científica e no coñecemento da ciencia escolar, así como a comprensión dos principios científicos fundamentais que sustentan a súa práctica profesional. Igualmente, considérase esencial coñecer o impacto da ciencia e da tecnoloxía na evolución e no benestar das sociedades actuais.

Por outra banda, a materia incorpora unha perspectiva orientada aos retos sociais e ambientais contemporáneos, prestando especial atención á educación para o desenvolvemento sostible. Deste modo, preténdese capacitar ao alumnado para abordar nas aulas cuestións sociocientíficas de relevancia actual. Así mesmo, foméntase o recoñecemento e a visibilización das achegas realizadas polas mulleres nos ámbitos da ciencia, da sustentabilidade e da educación científica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000