As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade dentro do espazo "datas de exames". Os traballos entregaranse na mesma semana en que se termine o tema e de forma previa ao comezo do tema seguinte. Para superar a materia é necesario ter aprobadas a parte teórica (avaliada coa proba obxectiva) e todas as actividades da parte práctica (inclúe traballo tutelado, aprendizaxe baseado en proxectos, e os estudos de caso realizados de forma colaborativa). As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Na plataforma Moovi informarase das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |