Recoméndase: 1) Asistencia continuada a clases. A asistencia considérase fundamental para o seguimento da materia por parte do alumnado e para a avaliación, por parte dos/das docentes. 2) Dominio da informática a nivel usuario, o que supón o manexo de aplicacións de carácter xeral (por exemplo, de tratamento de textos, base de datos, programa de presentacións...), do correo electrónico e Internet. 3) Actitude favorable e receptiva para a aprendizaxe. 4) Convén certo dominio de recursos informáticos (internet, tratamento de textos, programa de presentación, ...) e adecuado uso da biblioteca (saber realizar procuras de información bibliográfica, bases de datos, etc.).
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
É recomendable participar nos cursos de formación ofrecido polo servizo da biblioteca da Universidade, participar en cursos, seminarios e conferencias sobre os contidos da materia e sobre tecnoloxías de apoio á diversidade, desenvolver sesións indagativas con estas novas tecnoloxías a nivel persoal (a través de ensaio e erro), coa axuda de compañeiros/as do mesmo curso e titulación ou de outros cursos e carreiras afíns, de persoas próximas ou do/a docente.
|