Trátase dunha materia de carácter básico, situada no primeiro curso do grao de educación infantil. Facilita a comprensión das claves do desenvolvemento humano e os cambios que teñen lugar nos procesos psicolóxicos (memoria, cognición, linguaxe, etc.) ao longo do período de 0 a 6 anos. Estes coñecementos son nucleares na formación de mestres/as que representan unha ferramenta indispensable para poder contribuír ao desenvolvemento de nenos e nenas a través dunha axeitada planificación dos seus procesos de aprendizaxe.