Psicoloxía: Psicoloxía da educación: Procesos de aprendizaxe infantil/O05G110V01205
Psicoloxía: Fundamentos psicolóxicos da intervención temperá/O05G110V01304
Psicoloxía: Identificación, prevención e tratamento dos trastornos do desenvolvemento e da conduta/O05G110V01402
Psicoloxía: Prevención e tratamento das dificultades na aprendizaxe infantil/O05G110V01305
Outros comentarios
RECOMÉNDASE:
A asistencia á primeira sesión de clase para poder coñecer os obxectivos da materia, a planificación xeral e as opcións de avaliación da mesma.
A asistencia continuada ás sesións de clases e ás titorías para poder seguir o desenvolvemento da materia por parte dos estudantes
O uso continuado da plataforma virtual na que se recollen actividades, orientacións e criterios de avaliación para o correcto desenvolvemento da materia.
Teranse en conta situacións persoais de non asistencia. Deberán comunicarse no principio do curso os efectos oportunos.
Usarase como libro referente o de BERGER citado na bibliografía.
Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facultade de Educación e Traballo social "Aprendizaxe cooperativa" e Aprendizaxe Servizo (APS) "Educa na diversidade para transformar a sociedade"
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).