- Para superar a materia é necesario ter unha puntuación mínima na teoría (2 puntos sobre 4, tendo o exame aprobado) e nas prácticas (3 puntos sobre 6). As competencias non adquiridas na convocatoria de xuño serán avaliadas na de xullo e, de no superarse, non se gardarán as notas para o curso seguinte. (é dicir, as partes da materia superadas na 1ª oportunidade NON serán obxecto de avaliacón na 2ª, considerándose como aprobadas nese curso académico). - Para ser calificados/as a través da avaliación continua requírese a asistencia do alumnado, ó menos, ó 80% das sesións prácticas e teóricas respetivamente. Outras situaciones excepcionais que merezan un trato específico analizaranse no seu momento. - As datas de realización do exame final-oficial, que realizará obrigatoriamente todo alumnado serán as que figuran no calendario de exames da Facultade. - O lugar de publicación das cualificacións e da revisión será no taboleiro de anuncios do despacho do profesorado responsable e/ou na Plataforma Moovi ou en calquera outro espazo dixital que se lle especifique. Se o alumno/a non o especifica durante a primeira semana de clase, enténdese que dá o seu permiso para que os seus datos (nome completo) aparezan nos listados de notas, tanto en Moovi como noutro espazo. A data de revisión será a publicada pola facultade ou no seu defecto polo profesorado. - Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non as clases, o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación. Na Web da Facultade pódese consultar día/hora/lugar do examen (apartado datas exames). En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)
|