É obrigatoria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases, tanto teóricas como prácticas. O incumprimento desta porcentaxe de asistencia conlevará unha avaliación única, baseada exclusivamente nas probas de resolución de problemas e exercicios e de respostas a preguntas de desenvolvemento, que neste caso representarán, en total, o 100% da nota final. No caso de non poder asistir ás clases (por traballo, enfermidade, incompatibilidade de horarios...), pódese seguir un sistema de avaliación alternativo á avaliación única, contactando co/coa docente para comunicar e xustificar ou acreditar esta situación dentro do tres primeiras semanas do cuadrimestre. As probas de resolución de problemas e/ou exercicios e respostas a preguntas de desenvolvemento realizaranse en diferentes fases do cuadrimestre (unha primeira proba parcial, aproximadamente na metade do cuadrimestre e outra ao final, na data de exame fixada pola facultade). Estas probas abarcarán partes específicas da materia que deberán superarse obtendo, polo menos, a metade da puntuación máxima establecida para cada unha delas. O alumnado que non asista ás clases tamén poderá realizar a primeira proba parcial na metade do cuadrimestre, se así o desexa. Para superar o traballo tutelado tamén será necesario obter, polo menos, a metade da cualificación máxima establecida. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, por tanto, as aprobadas nese curso académico. O/a docente poderá introducir dinámicas e estructuras de Aprendizaxe cooperativa no desenvolvemento das clases e na realización de actividades para potenciar o traballo en equipo e a consideración desta competencia no sistema de avaliación. AVISO: a detección de plaxio en calquera das tarefas ou traballos propostos suporá a perda do dereito á avaliación continua. As datas dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade de Ciencias da Educación e do Traballo Social. 2ª CONVOCATORIA O alumnado deberá repetir exclusivamente os traballos e/ou probas de avaliación que non fosen superados na 1ª convocatoria. OBSERVACIÓNS
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá adaptarse ás necesidades específicas de apoio educativo do alumnado matriculado no programa PIUNE (PAT). |