O alumnado poderá
elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua (AC), ou alternativamente
optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC.
O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro (envio de comunicación á coordenadora entre o 11/09 e o 11/10).
A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades
de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas
que xa tiveron lugar. AC. En caso de
non renunciar á avaliación continua: Modalidade presencial.
A materia require unha presencialidade na parte teórica (mínimo 80%) para poder
resolver as cuestións formuladas na aula así como para resolver o traballo da materia.
Así, a nota de avaliación continua suporá o 80% da nota final. O outro 20% corresponderalle
á realización dun exame da parte teórica. Para que se teña en conta a nota de avaliación
continua é necesario acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 no exame.
Na modalidade semipresencial
e virtual, o estudante terá que realizar unha aprendizaxe propia dos contidos, e
a partir delas realizar as distintas actividades que se vaian propoñendo na materia
(normalmente 3 actividades). A avaliación e o control da aprendizaxe correspóndese
coa cualificación media obtida nesas actividades, sen prexuízo de que será necesario
superar un exame de control final para a súa validación. AG en primeira
oportunidade Seguirán este proceso
os estudantes que non sigan a avaliación continua. Unha vez superado o período dun
mes desde o comezo do cuadrimestre o centro habilitará o procedemento e informará
os estudantes do prazo para que os matriculados manifesten formalmente a súa intención
de se acoller á modalidade de avaliación global. Neste caso, o exame consistirá
nunha proba na que se contestarán preguntas de diversa índole tendo un peso de 100%
da cualificación. As cualificacións
de tódalas probas, parciais ou finais, prácticas e actividades só terán efecto no
curso académico en que se propoñen. Consulta e/ou solicitude
de titorías: As docentes teñen oferta de titorías presenciais ou virtuais en horario concertado.
Para concertar unha cita pódese facelo desde a Secretaría Virtual en liña. Outros: A plataforma de
aula virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos
e deshonestos, así como para detectar posibles praxios en traballos escritos. No
caso de detección de plaxio nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a
cualificación final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao
Decanato do Centro para que adopte as medidas oportunas en cumprimento do
artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario que establece o deber de
"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas
probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais
da universidade". |