Planificación Pública do Desenvolvemento Turístico é unha materia básica que se imparte no segundo semestre do terceiro curso do Grao en Turismo. Consta dun total de 6 créditos ECTS, que se
corresponden con 150 horas de traballo do alumnado, das cales 45 son actividades presenciais, mentres que o resto serán actividades non presenciais.
Esta materia pretende iniciar ao/á estudante no coñecemento do papel das Administracións Públicas no sector turístico. Analizaremos cáles son os principios básicos das políticas públicas en relacion ó turismo, presentaremos a organización administrativa turística e os principais instrumentos de planificación e xestión turística cos que contan as Administracións Públicas. Finalmente, abordaremos a Análise Custo-Beneficio como técnica de avaliación de proxectos e políticas públicas en relación ó turismo.
A língua de impartición será o galego.