Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B1 |
Comprender os procesos que se desenvolven en diversas escalas espazo-temporais e en diversos contextos socio-culturais. |
B3 |
Obter as habilidades necesarias para rexistrar, analizar e interpretar a información relevante de índole xeográfica e histórica. |
B5 |
Valorar as necesidades e problemas da sociedade e as aportacións (en termos de contribución efectiva) xeradas dende os ámbitos xeográfico-históricos, tendo en conta a necesaria igualdade social e entre sexos, a discapacidade e a educación para a paz |
C1 |
Coñecemento das claves e desenvolvemento do ámbito da Xeografía física |
C5 |
Integración das dimensións espacial e temporal na explicación dos procesos territoriais |
C7 |
Uso correcto da información xeográfica como instrumento de interpretación dos sistemas territoriais |
C8 |
Desenvolvemento e aplicación dos procedementos de traballo de campo |
C11 |
Coñecemento e desenvolvemento de habilidades no ámbito da ordenación e planificación territorial |
C13 |
Conciencia de respecto polos puntos de vista que se derivan de antecedentes culturais/nacionais |
D2 |
Aplicación dos coñecementos |
D3 |
Capacidade de organización e planificación |
D4 |
Comunicación oral e escrita no idioma propio |
D5 |
Capacidade de xestión da información e o coñecemento |