Resolución de problemas e/ou exercicios |
Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen a redacción de breves textos e a preparación de presentacións orais sobre aspecto do sector, especialmente de "Landeskunde". |
20 |
|
|
|
|
É condición obrigatoria para ser avaliado/a de forma continua a asistencia a un 80% das aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha asistencia inferior, que deberánn ser comunicados ao profesorado canto antes. A práctica de laboratorio (40%) consiste nunha participación activa en todas as actividades que se desenvolven en clase - e a súa adecuada preparación en casa - con atención especial á produción oral. A resolución de problemas/exercicios (20%) consiste tanto na redacción de breves textos como presentacións orais adaptados ao nivel de aprendizaxe do alumnado sobre aspectos relacionados co sector turístico, especialmente de "Landeskunde". O exame de preguntas obxectivas (40%) consiste en avaliar as competencias adquiridas en clase incluida a comprensión oral mediante un exame escrito. Este control final realízase na última sesión do cuadrimestre e é necesario obter como mínimo un 5 para facer a media coas outras partes e aprobar a avaliación continua.
No caso de optar pola avaliación global é necesario comunicalo ao profesorado entre o 29 de xaneiro e o 29 de febreiro. O 100% da nota é a obtida no exame final. O mesmo sistema aplícase na segunda convocatoria (xullo). As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |