Haberá dúas posibilidades de avaliación, Avaliación Continua (AC) e Avaliación Global (AG):
A) A avaliación da materia por defecto será AC. O 50% da nota configurarase a partir de dous exames sobre os contidos da materia (25% cada exame), o 20 % da nota basearase na resolución de exercicios, prácticas, problemas e análisis de caso, e o 30 % será a nota dun proxecto en grupo, de obligatoria entrega e exposición. Para superar a materia por avaliación continua é preciso terse presentado aos dous exames e realizar e presentar o traballo en grupo. A resolución de problemas nas clases prácticas, que serán avaliables, non impiden continuar en AC en caso de non ser entregadas, pero figurarán con nota de cero. É necesario acadar unha nota mínima de 3 en cada exame e no traballo para integrar as notas das prácticas (resolución de problemas de forma autónoma). O segundo exame de AC coincidirá en data coa AG en primeira oportunidade.
B) Cando proceda a AG porque o alumnado así o teña decidido nos prazos establecidos polo centro, ou por non ter superado a AC, realizarase a AG. Esta AG incluirá preguntas de tipo test e de resposta curta/problemas sobre o contido das clases maxistrais, das prácticas de aula informática, e demais exercicios e tarefas do curso. Neste caso a nota da parte test do exame constituirá o 60% da nota final e a parte de resposta curta o 40%. Esixirase unha nota mínima de 3 puntos en cada parte do exame de cara ao cálculo da nota final. A nota mínima para aprobar a materia será un 5.
Os estudantes que non participen na AC nin realicen a AG, figurarán nas actas como non presentados. Entenderase que o alumnado partiicipa en AC cuando entregue algunha tarefa, traballo ou se presente a algún dos exames. Neste caso a nota final será a de AC. Non se gardan notas de exames, prácticas ou traballos para a segunda oportunidade.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso actual.
O horario e lugar de realización de titorías estará publicado na plataforma de teledocencia (MooVi), así como o procedemento de solicitude das mesmas.