Haberá dúas posibilidades de avaliación: A) A avaliación da materia será continua. O alumnado que supere a materia mediante avaliación continua non precisará presentarse ó exame final da materia. É preciso presentarse a todas as probas avaliables para ter a posibilidade de ser avaliado/a mediante avaliación continua. As actividades avaliables non entregadas non impiden ser avaliado/a por avaliación continua pero conlevan unha nota de cero para estas entregas. Poderá establecerse unha nota mínima en cada unha das probas para realizar a ponderación e cálculo da nota final de avaliación continua. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se presente a algunha das dúas probas de avaliación (exames de preguntas obxectivas). B) Cando non proceda a avaliación continua (por que o alumno así o teña decidido ou por non ter superado a avaliación continua) realizarase un exame final, que poderá incluír preguntas de tipo test e de resposta curta/problemas sobre o contido das clases maxistrais, das prácticas de aula informática, das lecturas e debates e demais exercicios e tarefas do curso. Neste caso a nota da parte test do exame constituirá o 60% da nota final e a parte de resposta curta o 40%. Poderá esixirse unha nota mínima en cada parte de cara ao cálculo da nota final. O exame correspondente á segunda e posteriores convocatorias seguirá o mesmo modelo que o exame final (opción B). Os estudantes que non participen na avaliación continua nin realicen o exame final, figurarán nas actas como non presentados. O alumnado que suspenda a avaliación continua e non se presenten ó exame final, figurará nas actas como suspenso. O alumnado que aprobe a avaliación continua e desexe subir nota, poderá presentarse ó exame final (nese caso a nota do exame final sustituirá a todos os efectos á nota obtida mediante avaliación continua). As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2022-2023. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU. |