A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá aos alumnos da súa responsabilidade neste aspecto.
Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade dos alumnos consultar os materiais dispoñibles na plataforma de teledocencia Moovi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas. |