Ao comezo do curso, no período fixado polo centro (21 de xaneiro ó 21 de febreiro), o estudantado deberá decidir o seu método de avaliación entre Avaliación Continua e Avaliación Global. Por defecto enténdese que o alumno sigue avaliación continua.
AVALIACIÓN CONTINUA: Constará de varias probas que sse realizarán durante o curso para cada un dos epígrafes da táboa anterior.
- A calificación final do estudiante por Avaliación Continua será a nota ponderada das distintas probas realizadas durante o curso.
- As actividades de avaliación continua a realizar dependerán do número de estudantes, medios para traballar, etc. O estudantado estará adecuadamente informado de calquera cambio que se puidese producir debido a situacións imprevistas.
- Poderánse implementar metodoloxías alternativas para determinar si o estudante pode ou non seguir coa avaliación continua.
- Para a convocatoria de Segunda Oportunidade realizaráse un exame final que valerá un 100% da materia seguindo as ponderacións da táboa anterior.
AVALIACIÓN GLOBAL: Constará dun exame final, cunha ponderación do 100% da nota final e constará de tres partes: unha parte de cuestións teóricas, outra de resolución de problemas e finalmente unha de práctica da materia co software impartido en clase. A ponderación de estas partes será de 20%, 40% e 40% respectivamente.
Para a convocatoria de Fin de Carreira seguirase o método de AVALIACIÓN GLOBAL.
Aquel estudante que utilice ou coopere en procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plaxio, ...) nalgunha das actividades de avaliación terá unha cualificación final de suspenso neste curso académico. Este feito seralle comunicado á autoridade competente para que tome as correspondentes accións disciplinarias que considere oportunas.
As datas e horarios das probas de avaliación dos diferentes períodos son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobados pola Xunta de Centro para o curso actual.