Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Economía: Introdución á economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 50 A3
B3
B7
B8
B9
B10
C1
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución en clase de listas de problemas/preguntas. 50 A3
B3
B7
B8
B9
B10
C1
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Continua: Realizarase a finais de outubro un exame parcial que suporá o 20% da nota na parte teórica, e o 20% da nota na parte práctica. Realizarase un exame final que suporá o 40% da nota da parte teórica e o 40% da nota da parte práctica. O 10% da parte teórica e o 10% da parte práctica, obterase pola asistencia a clases e a entrega ao longo do curso de algún exercicio proposto.

Global: Aos alumnos que non sigan a avaliación continua avaliaráselles mediante un exame composto de dúas partes, unha teórica e outra práctica que suporá cada unha un 50% da nota final, sendo necesario aprobar ambas as partes para superar a materia. Os alumnos que opten pola avaliación global deberán notificalo por email ao coordinador da materia entre o 11 de setembro de 2024 e o 11 de outubro de 2024.

Nas probas de Xullo seguirase o mesmo criterio que o dos alumnos que non sigan a avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000