Estudo das institucións principais do Dereito do Traballo e da Seguridade Social desde unha perspectiva fundamentalmente empresarial e orientada, por tanto, á formación que nesta materia debe adquirirse no Grao en Administración e Dirección de Empresas. O obxectivo da materia céntrase en dar a coñecer os aspectos básicos da relación laboral e as implicacións para a empresa en materia de Seguridade Social.