- O desenvolvemento do contido dos tres bloques temáticos nos seus correspondentes temas estarán ao dispor do alumnado na plataforma de teledocencia Moovi.
-O horario e tipo de titorías atópase publicado tanto no perfil da docente na web do centro como na presentación da materia que aparece colgada na plataforma de teledocencia Moovi.
-As datas e horarios das probas de A.G. (de primeira e segunda oportunidade) serán as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobadas pola Xunta de Facultade para o curso actual. Estas poden ser consultadas na páxina web da FCETOU no apartado de Docencia-Exames. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.
-Auditoría é unha materia que pode ser elixida como optativa polo alumnado do PCEO ADE-Dereito en 5º curso-1º cuadrimestre.
-Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade dá docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa)
|