Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Valoración de activos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Consiste en 2 probas que cada unha representa un 50% da cualificación outorgada neste apartado.

1. Realización dun cuestionario de preguntas teórico prácticas sobre os contidos da materia. (Supón 20% da cualificación final)

2. Realización dun exame en Excel onde se preguntará sobre contidos aprendidos durante o curso. (Supón 20% da cualificación final)
40 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
C11
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de problemas prácticos sobre os contidos da materia 20 B1
B2
B3
B4
B5
B12
B13
B14
C1
C7
C16
D3
D4
D5
Estudo de casos Realización e entrega dun traballo en grupo no cal se valorará a presentación, o formato, os contidos, o razonamento dos datos expostos e os resultados. 40 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
C11
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá optar entre a avaliación continua a través da realización de tres probas ao longo de cuadrimestre máis a realización e entrega dun traballo en grupo ao final do cuadrimestre (estas probas conforman o 100% da nota final), ou de maneira alternativa, pola avaliación non continua, é dicir, avaliación global de toda a materia nos exames finais das convocatorias oficiais (100% nota final).

O método de avaliación exposto no punto anterior desta guía (`Avaliación´) é para a avaliación continua. AVALIACIÓN CONTINUA: as probas teórico-prácticas sobre os contidos da materia están representadas por dúas probas parciais, supoñen o 40% da nota da avaliación continua e teñen carácter de mínimo. É dicir, é indispensable presentarse ás dúas probas parciais programadas e superalas, por tanto, débese obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada unha destas probas para que se consideren superadas, e así poder sumar o resto das avaliacións da materia que conformarían a nota final. Se non se superan ambas as probas parciais a nota para incluír na acta final da convocatoria correspondente será de suspenso (NP no seu caso). Ademais, para poder ser avaliado en avaliación continua é absolutamente imprescindible realizar o traballo en grupo e entregalo nunha data única e concreta estipulada polo docente (maio/xuño). Por tanto, se o grupo de alumnado non realizase/entregase na data única estipulada o traballo en grupo, a súa nota na acta correspondente será de suspenso (NP no seu caso). Este grupo de alumnado para superar a materia deberá presentarse a un exame pola totalidade da materia (100% da materia), exame a 10 puntos (este exame terá un formato igual ou similar ao que se realiza para a avaliación non continua).

Para a renuncia de EVALUACION CONTINUA, os alumnos deberán facelo no período que cada ano establece a Facultade.

Por outra banda, o alumnado poderá renunciar ás notas obtidas durante o cuadrimestre en avaliación continua e presentarse ao exame que leva a cabo na convocatoria de segunda oportunidade sobre toda a materia (100% da materia), exame a 10 puntos (este exame terá un formato igual ou similar ao que se realiza para a avaliación non continua). A nota para considerar na acta da convocatoria de segunda oportunidade para o alumnado que se acolla a esta última opción será a desta última proba. Se o alumnado non superase este exame de 10 puntos deberá presentarse na convocatoria de xullo a un novo exame na mesma modalidade de exame (é dicir, exame a 10 puntos sobre a totalidade da materia).

AVALIACIÓN NON CONTINUA: na convocatoria ordinaria e para a convocatoria de segunda oportunidade, o alumnado que elixa esta modalidade deberá realizar un exame sobre todo o contido da materia, 100% da materia (valor 10 puntos). Esta proba terá dous partes: unha parte teórico-práctica e outra parte, na que o alumnado deberá demostrar que ten as habilidades e competencias adquiridas na materia mediante un exercicio práctico a desenvolver en folla de cálculo nunha aula informática. En ambas as partes da proba esixirase un mínimo para consideralas superadas (5 sobre 10 en cada unha das partes). Por tanto, se o alumnado non obtén os mínimos especificados, a nota na acta será de suspenso.

CONVOCATORIA DE FIN DE CARRERA: o exame supoñerá o 100% da cualificación, valor 10 puntos e cuxo formato será similar ao proposto para a avaliación non continua.

Outras apreciacións:

As especificidades da materia serán desenvolvidas e publicadas na plataforma de teledocencia Moovi. Neste sentido, todos os comentarios realizados anteriormente sobre a avaliación da materia estarán detallados e colgados de forma permanente nun documento na plataforma de teledocencia Moovi para que o alumnado teña acceso aos mesmos de forma rápida, sinxela e directa durante o curso.

As diferenzas entre sistemas de avaliación e metodoloxías entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Vigo, xustifícanse pola necesaria adaptación na medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de cada centro, especialmente en canto ao tipo de grupos, e número medio de alumnado por grupo.

As probas de avaliación prevense para unha modalidade presencial. Con todo, chegado o momento da súa realización #ante a imposibilidade de dispoñer dos espazos e/o profesorado necesario para realizar as mesmas, estas poderían realizarse de forma non presencial, ben a través dos distintos recursos telemáticos dispoñibles na Uvigo (plataforma Moovi), correo electrónico, campus remoto ou no seu caso, mediante probas de forma oral.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000