Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia e os obxectivos da mesma.
Estudo previo Búsqueda, lectura e traballo da documentación aportada polo profesor, previo ás clases maxistrais.
Lección maxistral Exposición dos contidos básicos para o desenvolvemento e aprendizaxe da materia. A asistencia é obrigatoria.
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Realizarase durante as clases dos grupos medianos.
A asistencia a clase é obrigatoria. A non asistencia suporá a non valoración do caso.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dos casos e problemas plantexados.
Levarase a cabo de en grupo (máx. 4).
A asistencia é obrigatoria para todo o grupo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000