Superar a materia require satisfacer dúas condicións: (1) Obter unha puntuación mínima de 5 puntos no grupo das probas para avaliar e (2) Superar cada unha das partes. Os alumnos que non superen a parte práctica na avaliación continua e/ou decidan optar por seguir a non avaliación continua, deberán superar esta parte mediante un exame práctico nas convocatorias oficiais.
Como alternativa ao sistema de avaliación continua, os alumnos poderán optar por ser avaliados mediante un exame final que suporá o 100% da nota. Neste caso, deberán solicitar á docente da materia vía mail (naraujo@uvigo.es) o ser avaliados por esta vía e a renuncia a avaliación continua entre o 11 de setembro e o 11 de outubro de 2023.
A puntuación obtida pola participación, así como a realización e a entrega de todas aquelas tarefas que establecese o profesor (casos, exercicios, supostos, exposicións, memorias, etc), mantense nas convocatorias de xuño e xullo do curso académico en vigor, pero non se garda para cursos sucesivos.
As datas e programas das probas da avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas da avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2023-24.
|