Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese |
B2 |
Pensamento crítico e autocrítico |
B3 |
Habilidades relacionadas co uso de aplicacións informáticas utilizadas na xestión empresarial |
B5 |
Habilidades de comunicación oral e escrita |
B6 |
Habilidades de comunicación a través de Internet e, dominio de ferramentas multimedia para a comunicación a distancia |
B8 |
Comunicarse con fluidez no seu entorno, incluíndo competencias interpersoais de escoita activa, negociación, persuasión e presentación |
B10 |
Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados |
B13 |
Capacidade de aprendizaxe e traballo autónomo |
C2 |
Posuír e comprender coñecementos sobre as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais a respecto de como funciona a economía |
C9 |
Identificar a xeneralidade dos problemas económicos que se suscitan nas empresas, e saber utilizar os principais instrumentos existentes para a súa resolución |
C16 |
Habilidades na procura, identificación e interpretación de fontes de información económica relevante |
D1 |
Xestión persoal efectiva en termos de tempo, planificación e comportamento, motivación e iniciativa tanto individual como empresarial |