- É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización dos exames e probas. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que ó alumno non se lle permita realiza-lo exame en cuestión.
- Por razóns pedagóxicas é altamente recomendable a asistencia regular ás clases. Sen dúbida, a asistencia fará que a dificultade de superar a materia sexa notablemente máis baixa. Así, o alumno poderá aproveitarse dun ritmo de traballo continuo e da exposición de contidos teóricos e prácticos feitos na aula polos seus compañeiros e o profesor.
- As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual |