A evaluación pode
ser continua (AC) ou global (AG). Presúmese que os estudantes seguirán o sistema de evaluación continua, salvo que manifesten a súa intención de optar pola evaluacion global. Neste último caso, tendrán que notificalo ao profesor según o procedemento e o prazo establecido polo centro que será do 11/09 ao 11/10 ambos días incluídos. A elección de AG supón a renuncia
ao dereito de seguir evaluándose mediante as actividades de AC que
resten e a cualificación obtida até ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar. A evaluación continua consta de catro probas escritas, dúas de carácter teórico e dous de carácter práctico. Para superar a materia é necesario ter unha nota media de 5. As probas teóricas consistirán en dous exames de preguntas obxetivas sendo necesario sacar unha nota mínima de 5 para aprobar e unha nota máxima de 3 para facer media co resto de probas. Cada unha das probas teóricas supoñen un 10% da nota final. As probas prácticas consisten na resolución de problemas ou exercicios e será necesario sacar un 5 para superar a proba e tamén para facer media coas demáis probas. Cada unha das probas prácticas supoñen un 40% da nota final. Se algún alumno non supera algunha/s da/s proba/s realizadas ou non chega ao mínimo esixido para facer media, poderá presentarse ás partes a recuperar na proba oficial de xaneiro. No caso de que o alumno na proba de xaneiro non supere as partes ás que se presenta será cualificado coa nota obtida no exame de xaneiro. Se un alumno que se presentou a algunhas ou todas as probas plantexadas non as superou ou non alcanza a calificación mínima para facer media e non se presenta a recuperalas na oportunidade de xaneiro, será cualificado con suspenso. Se un alumno superou as probas realizadas e quere subir nota na convocatoria oficial de xaneiro, poderá presentarse á parte ou partes nas que queira obter maior calificación sen que poida presentarse ás probas de carácter conxunto ou xeral a realizar. O estudante será cualificado coas notas obtidas na proba de xaneiro. Os alumnos que
opten pola evaluación global serán avaliados cun exame teórico práctico e cualificados coa nota que saquen no
correspondente exame. Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade poderán ser avaliados de novo na segunda oportunidade a través dunha proba teórico-práctica que suporá o 100% da nota. Esta guía é orientativa e está suxeita ás modificacións
que ao longo do curso estímense necesarias. As datas e horarios das probas de evaluación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas
de evaluación aprobado pola Xunta de Centro para o curso académico. No caso de conflito ou disparidade entre
as datas dos exámenes prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |