A avaliación pode
ser continua (AC) ou global (AG). Se presume que os estudantes seguirán o sistema de
avaliación continua, salvo que manifesten a súa intención de optar pola
avaliación global. En este último caso, teñen que notificalo ó profesor segundo
o procedemento e o prazo establecido polo centro A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar. A evaluación
continua consta de catro probas, consistentes en dous exames escritos de
carácter teórico - práctico. Cada un dos exames pondera un 40% e é necesario sacar
unha calificación de 5 en cada un deles para aprobar e facer media cas demais
probas. Outra proba será a realización de casos prácticos plantexados polo
profesor nos GPs. Esta proba pondera un 10%. Esta porcentaxe distribuese entre
os cinco casos que vanse a plantexar. O alumno que non poida ou non queira
realizar algún ou todos os casos, perderá a cualificación correspondente a cada
un deles, sin que se teña opción a recuperalos. A última proba consistirá na
realización de cuestionarios on line (autoavaliación) que o profesor irá plantexando ó longo do
cuadrimestre a través da plataforma MOOVI. Esta proba pondera un 10%, e o
alumno que non poida ou non queira realizar algún ou todos os cuestionarios,
perderá a cualificación correspondente a cada un deles, sin que se teña opción
a recuperalos. Se un estudante
suspende un ou os dous exames parciais plantexados (os que representan o 80% da
nota), poderase presentar a convocatoria oficial de xaneiro ca proba ou probas
suspensa/s. Aqueles
estudantes que optaron pola evaluación continua, e teñen os exames paciais
aprobados, en xaneiro serán evaluados cas notas obtidas nos exámenes e nas
demáis probas. Se o alumno non aprobou algún exame parcial e se presenta en
xaneiro ten que sacar un 5 para facer
media; en caso de non obtelo porase a nota obtida neste exame. Os alumnos que
opten pola avaliación global serán avaliados cun exámen teórico práctico e calificados ca nota que saquen no
correspondente exame. Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade podrán ser avaliados de novo na segunda oportunidade a través dunha proba teórico-práctica que suporá o 100% da nota. Esta guía e orientativa e esta suxeta a
modificacions se o longo do curso se estiman necesarias. As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso académico. No caso de conflito ou disparidad entre
as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. A avaliación continua consta de dúas probas escritas que se farán ao longo do cuadrimestre. Para superar estas probas é necesario alcanzar en cada unha delas unha puntuación de 5 sobre 10. Estas probas supoñen o 100% da nota. Considérase que un alumno está en avaliación continua se se presenta a algunha das probas parciais. Se un estudante suspende algunha das dúas probas parciais expostas, poderase presentar á convocatoria oficial de xuño coa/s parte/s non superada/s. Aqueles estudantes que optasen pola avaliación continua, en xuño serán
avaliados polas notas obtidas nos exames realizados (100%). Se no examen
de xuño ten que recuperar algún dos parciais, e o suspende, a nota
final será a correspondente a este examen. Os alumnos que non superen a materia no convocatoria de xuño, poderán presentarse á convocatoria de xullo onde se lles examinará da totalidade da materia, e serán calificados ca nota obtida no examen. Alternativamente
ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá
optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100%
da cualificación. Na convocatoria de xuño, o exame suporá o
100% da cualificación. As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias
son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta
de Centro para o curso académico
En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |