Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dereito mercantil
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral As/os estudantes poden expor as cuestións que xurdan ao fío da explicación. O profesor tratará de resolvelas no acto na medida que sexan oportunas e non perturben o desenvolvemento fluído da sesión.
Aprendizaxe colaborativa Abordaranse os contidos da materia con participación activa das/os estudantes. O profesor tratará de incentivar esta participación e dirixila cara a unha mellor comprensión e coñecemento dos temas que se vaian tratando.
Probas Descrición
Exame de preguntas obxectivas Durante as probas, os alumnos poden expor as dúbidas que lles xurdan dos enunciados. Unha vez terminadas, poden obter as claves e resultados completos.
Presentación Ao realizar as probas, as/os estudantes poden expor as cuestións que lles resulten dubidosas. Resolveranse sobre a marcha.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000