Esta materia pretende iniciar ao estudante no coñecemento da Economía Española e Mundial. Trátase de que comprenda o funcionamento e estrutura da economía, prestando especial atención ás principais megatendencias globais e os seus impactos: globalización económica, cadenas de produción internacional, mercados internacionais, medio ambiente, mercado laboral, etc.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.