1. Primera edición de actas: a) Avaliación continua: Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en: 1.- A asistencia e participación activa nas clases presenciais, que representa o 25% da cualificación final. 2.- Realización dunha proba final, que representa o 75% da cualificación final, que constará de duas partes: 1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final. 2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 40% da cualificación final. A data e a hora do exame da primera oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso académico. b) Exame final: O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluído do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia. O exame constará de tres partes: 1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final. 2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 40% da cualificación final. 3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 25% da cualificación final. A data e o horario das probas de avaliación da primeira convocatoria son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso académico. 2. Segunda edición das actas: O estudante que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo no mesmo. Nestes casos, o exame constará de duas partes: 1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final. 2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 40% da cualificación final. B. O estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluído do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia. O exame constará de tres partes: 1) Un exame tipo test, que representa o 35% da cualificación final. 2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representará o 40% da cualificación final. 3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición das competencias da materia, nas mesmas condicións que o estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 25% da cualificación final. A data e o horario das probas de avaliación da segunda convocatoria son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o presente curso académico. As titorías do profesorado universitario da materia pódense consultar no seguinte enlace: http://dereito.uvigo.es>docencia/profesorado/. As titorías do profesorado profesional atenderanse previa concertación de cita. En tódolos casos, as probas realizadas permitirán avaliar os resultados de formación e aprendizaxe. |