Traballo académico orixinal e inédito en galego ou en castelán sobre temática xurídica. |
Pode ser, por exemplo, un traballo de investigación, unha proposta e unha solución dun caso práctico, un comentario xurisprudencial etc.
Uso excepcional de linguas estranxeiras |
Traballo realizado de modo persoal, autónomo e individual, con orientación teórica e/ou práctica |
Seguiranse as orientacións dun titor académico. Excepcionalmente, con autorización da Comisión Permanente, dous alumnos poderán compartir titor e traballo, pero cada un deles deberá presentar e defender o traballo separadamente. En todo caso, a avaliación será individual, en aplicación á parte correspondente a cada estudante. |
Normas de elaboración |
Extensión máxima.
Estrutura: portada, resumo, palabras crave, introdución, desenvolvemento, conclusións e bibliografía.
Citas. Modelo de referencias bibliográficas: Pautas comúns de investigación das ciencias xurídicas.
Plantilla TFG |