Prácticum, Practicas externas e clínicas |
Informe sobre o desempeño do alumno realizado polo titor da entidade onde o estudante realice as prácticas. Avaliaranse os criterios que constan no anexo incorporado á normativa que regula as prácticas externas. A cualificación global de informe será a nota media das puntuacións outorgadas en cada un dos criterios avaliados, que fan referencia, entre outras competencias, á capacidade técnica, de aprendizaxe, administración de traballos, comunicación, responsabilidade, adaptación, creatividade, iniciativa... En ningún caso valoraranse menos de 5 criterios, polo que a puntuación de cada ítem non representará nunca unha valoración superior ao 10% na nota final das prácticas. Por tanto, a porcentaxe do 50% distribuirase nos diferentes ítems a valorar, de acordo coa normativa de prácticas.
Resultados de aprendizaxe: Aplicar os coñecementos teóricos do Dereito á práctica |
50 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4
|
C7 C23 C33
|
D1 D2 D3 D4 D5
|
Resolución de problemas de forma autónoma |
Elaboración, presentación das memoria e avaliación polo titor/a académico/a.
A entrega do informe intermedio (ponderada nun 10%) e da memoria final das prácticas (40% restante) realizarase no prazo indicado polo Regulamento de prácticas externas do Grao en Dereito da Universidade de Vigo.
Resultados de aprendizaxe: Aplicar os coñecementos teóricos do Dereito á práctica. |
50 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4
|
C7 C23
|
D1 D2 D3 D4 D5
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA: Avaliaranse as competencias e aspectos non superados na primeira convocatoria. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático. |