Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. |
B2 |
Coñecer as distintas manifestacións do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual |
B3 |
Ser capaz de utilizar os principios e valores constitucionais como ferramenta de traballo da interpretación do dereito e desenvolver dialéctica xurídica |
B4 |
Ser capaz de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar |
C76 |
CEI 29 - Coñecer o concepto, obxecto e funcións propias da Criminología, así como as penas privativas de liberdade e o seu réxime de cumprimento. |
C77 |
CEI 30 - Saber aplicar as técnicas da investigación criminolóxica, utilizar as regras de determinación da pena e analizar o sistema penal. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos, así como, organización, planificación e utilización do tempo ante situacións de presión. |
D3 |
Capacidade para a toma de decisións de forma autónoma e independente de liderado e capacidade para o traballo cooperativo en equipo, como habilidades nas relacións interpersoais que favorezan a eficacia interpersoal. |
D4 |
Capacidade de comportarse de maneira ética e con responsabilidade social como cidadán e como profesional, respectando a diversidade e multiculturalidade. |
D5 |
Ser capaz de resolver problemas e interpretar datos derivados da realidade en relación co seu significado e relacionalos coas distintas ramas do ordenamento xurídico. |