Educational guide 2024_25
Facultade de Dereito
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Introdución ao dereito civil e dereito da persoa
   Contidos
Tema Subtema
Tema I: O Dereito civil O Dereito e as súas clasificacións. Concepto de Dereito Civil. O Código Civil: sistemática, estrutura e contido. O Titulo Preliminar do Código Civil: especial consideración á interpretación das normas. Formación histórica do Dereito Civil.
Tema II: A codificación e os Dereitos civís forais e autonómicos. A Codificación. Os dereitos civís territoriais. O Dereito civil de Galicia. Lexislación civil especial.
Tema III: A persoa, en xeral. A persoa: concepto e clases. Capacidade xurídica. Os Dereitos da personalidade: consideracións xerais. En particular: O dereito á vida e á integridade física. O dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe.
Tema IV: A persoa física. A persoa física: comezo da personalidade: nacemento. Protección xurídica do nasciturus. Fin da personalidade: a morte. A maior e a menor idade. A emancipación.
Tema V: Da incapacitación ao apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica: Cambio de sistema: A incapacitación xudicial dá paso a un sistema de apoios baseado no respecto á vontade, desexos e preferencias das persoas con discapacidade. Medidas de apoio: Preventivas (os poderes preventivos, a autocuratela e as medidas contidas en documentos de vontades anticipadas) e as institucións de apoio (garda de feito, defensor xudicial e curatela). Procedemento de provisión de apoios.
Tema VI: A nacionalidade e a veciñanza civil. A nacionalidade: concepto. Adquisición: Orixinaria (atribución e dereito de opción) e non orixinaria (dereito de opción, carta de natureza, residencia). A consolidación. Perda e recuperación. Dobre nacionalidade. A veciñanza civil: concepto e réxime xurídico.
Tema VII: O domicilio. O domicilio: concepto e clases. Pluralidade de domicilios. A ausencia: concepto e relevancia xurídica. A defensa do desaparecido. A ausencia legal. A declaración de falecemento. A ausencia non declarada no Dereito Civil Galego.
Tema VIII: O Rexistro Civil. O Rexistro Civil: concepto e lexislación. Características xerais.Feitos inscribibles. Principios do Rexistro Civil. Estrutura do Rexistro Civil. Organización do Rexistro. Asentos rexistrais. A cualificación. Publicidade do Rexistro.
Tema IX: A persoa xurídica. A Persoa juridica: concepto e clases. Adquisición da personalidade. Capacidade. Representación, domicilio e nacionalidade. Extinción. O abuso da persoa xurídica e o levantamento do veo. A Asociación: concepto e regulación. Órganos. A fundación: Concepto e regulación. Constitución. Órganos. Extinción e liquidación.
Tema X: Feitos, actos e negocios xurídicos. A representación. Feito xurídico e acto xurídico. O negocio xurídico: concepto e clases. Elementos esenciais do negocio xurídico: obxecto, causa, forma e declaración de vontade. Elementos accidentais do negocio: condición, termo e modo. Os vicios da vontade. Ineficacia do negocio xurídico. A representación: concepto e clases. Apoderamiento e ratificación.
Tema XI: O dereito subxectivo. O dereito subxectivo: concepto e clasificación. A relación xurídica. O exercicio do dereito e os seus límites: a boa fe, o abuso do dereito e a doutrina dos propios actos. Límites temporais: a prescrición e a caducidade.
Tema XII: As cousas. Concepto e requisitos. Clasificación. Bens de dominio público e de propiedade privada. O patrimonio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000