(A materia de Dereito Tributario Internacional analiza as normas que regulan a imposición en contextos transfronteirizos e a interacción entre distintos sistemas fiscais. Aborda, entre outros contidos: a dobre imposición; os convenios internacionais; a resolución de conflitos; e a cooperación e asistencia mutua entre as Administracións tributarias dos Estados.