Adquisición por parte do alumnado dos coñecementos, habilidades e competencias relativos á análise dos principais instrumentos de cooperación xurisdicional penal no ámbito internacional e da Unión Europea. Para iso, realizarase un estudo da normativa e a súa transposición aos Estados membros en relación cos instrumentos máis relevantes ditados para a persecución delituosa transfronteiriza no marco da Unión Europea, así como dos instrumentos de cooperación internacional en materia penal, destacando a extradición.
Adquisición de coñecementos, habilidades e competencias en relación cos principais delitos transnacionais, o crime organizado e a súa persecución, así como a función da Corte Penal Internacional. Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes
internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias
bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en
inglés, c) probas e avaliacións en inglés.