Esta materia ofrece unha introdución á análise económica desde unha perspectiva internacional. O obxectivo principal é aplicar a metodoloxía económica a problemas de competencia ou cooperación entre países.
Non só se proporcionarán fundamentos económicos teóricos, senón que tamén analizaranse problemas económicos reais da economía mundial.
Neste senso, ao longo do curso presentaranse varios casos prácticos como a análise das crises financeiras, o impacto da esfera internacional nas políticas económicas nacionais ou a elección do réxime de tipo de cambio.