Guia docente 2026_27
Facultad de Relaciones Internacionales
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Diplomacia e protocolo internacional
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Diplomacia e protocolo internacional Código O03G440V01301
Titulación
Grao en Relacións Internacionais
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 1c
Lingua de impartición
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Dereito público
Coordinador/a
Sánchez Ramos, María Belén
Correo-e bsanchez@uvigo.es
Profesorado
Sánchez Ramos, María Belén
Web
Descrición xeral Un dos pilares fundamentais da Sociedade internacional ao longo da historia foi e segue sendo o mantemento de fluídas relacións diplomáticas entre os diferentes actores que a compoñen. É máis, a historia do Dereito Diplomático camiña en paralelo á propia evolución do Dereito Internacional e á progresiva aparición de novos suxeitos. Así, si nun principio a Diplomacia era unha institución ad hoc, a partir do século XV, as misións adquiriron un carácter permanente, converténdose nun dos medios esenciais para o mantemento da paz e seguridade internacionais. Posteriormente, coa progresiva proliferación e incorporación das Organizacións Internacionais na escena internacional, o Dereito Diplomático tuvo que evolucionar para dar resposta á incorporación deste novo suxeito nas relacións internacionais, dando lugar a unha nova forma de diplomacia, a Diplomacia Multilateral. Nesta materia, os alumnos achegaranse ao estudo da diplomacia ad hoc, a diplomacia permanente e a diplomacia multilateral esenciais no mundo actual.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000