Criterios de avaliación continua para a 1ª edición
das actas. Cada estudante terá que aprobar (aprobado é un 5) catro avaliacións:
2 exames e 2 estudos de casos. As cualificacións dos dous exames equivalen a un
40% da cualificación final (20% cada un) mentres cada estudio de casos terá un
valor de 30% (60% en total sobre a cualificación final). Cómpre asistir alo
menos a un 80% das clases durante a primeira avaliación para poder superar a
materia.
Criterios de avaliación final para a 1ª edición
das actas. O alumnado ten o dereito a renunciar á avaliación continua sempre e
cando informe expresamente e por escrito aos profesores encargados da materia no
mes seguinte ao inicio das aulas. Como alternativa á avaliación continua, teñen
dereito a realizar un exame de cuestións obxectivas (100% da cualificación
final). Os criterios de avaliación para a 2ª edición das actas e fin de
carreira son os mesmos que para a 1ª edición.
As datas, o calendario e o lugar de celebración
de exames son os publicados na páxina web e o taboleiro de anuncios da Facultade
para o curso 2023-2024. As cualificacións publicaranse vía as plataformas
de ensinanza online así como polos canais oficiais da universidade. |